Xa está aquí a II Foliada Santaia!

II Foliada_CARTEL a3-01

Tras o éxito da primera Foliada… comprácenos convidarvos a todos á II FOLIADA de SANTAIA! O día 19 de Xullo a partir das 19:00h na praza Esther Pita, en Santa Cruz, para celebrar o día da Patria da Galega da mellor forma posible: bailando e desfrutando todos xuntos de boa música.

A partir das 19:00 h contaremos coa actuación do grupo folclórico de baile L’Artusu, dende Mieres; a asociación cultural Punteirolo, de Vila de Cruces; e o grupo de baile e gaitas Santaia.

Tras a quenda de actuacións daremos paso á FOLIADA LIBRE (a partir das 21:00h) á que convidamos a todo o mundo a participar e acompañarnos para facer deste evento unha festa inesquecible! Estade moi atentos á nosa páxina de Facebook, porque nos vindeiros días confirmaremos os grupos asistentes 😉

E non vai ser todo bailar e tocar. Todos os que vos acheguedes á Foliada poderedes probar os primeiros bocadillos de chourizo da tempada, preparados coma sempre da man das mellores cociñeiras. O bochinche estará preparado para dar de beber ás gorxas cansadas e no stand do Grupo de baile e gaitas encontraredes CDs e camisetas á venda para levar Santaia por todo o mundo. Tamén contaremos con pandeiretas, zocos e todo tipo de complementos para poder actualizar o vestiario de todos os bailadores, e que todo o que queira comece a bailar muiñeira!

E aínda non rematamos… durante toda a noite teremos á venda rifas a 1€ para poder participar no sorteo de incribles premios, colaborando desta forma coa Asociación de Veciños Santaia de Santa Cruz!

Aínda non estades convencidos? Será a festa do verán! Esperámosvos en Santa Cruz 🙂

Broche de ouro para o fin de curso!

O próximo domingo día 22 de Xuño, ás 18:00 h, no Teatro Municipal As Torres de Santa Cruz, o noso escenario favorito, terá lugar a gran festa de fin de curso do grupo de Baile e Gaitas Santaia. Un broche de Ouro para un ano que deixa tras de si moitos ensaios e moitas horas de baile, gaita e percusión.escenario Torres

Unha actuación na que todos os compoñonentes do grupo amosarán o que aprenderon e melloraron neste curso que remata.

Convidamos a todas as persoas que o desexen a participar, de balde, neste evento que de seguro, non deixará a ninguén indiferente. Máis dunha hora de espectáculo onde percorreremos parte do territorio galego, dende Bembibre a Limiñoa, a través da nosa música e baile.

Imaxes das recollidas, fotos da época, mostras do vestiario tradicional… e moitas máis sorpresas agardan a todos os asistentes a esta gran festa do folclore Galego.

Unha actuación para todas as idades, ó igual que os máis de 50 compoñentes do grupo Santaia, que dende os 4 ós 60 anos traballan arreo por espallar o folclore tradicional galego.

Esperamos vervos a todos alí, con moitos folgos para aplaudir e desfrutar do que será o espectáculo do ano! ídesvolo perder?

foto grupo

Folixa na Primavera!

Durante os días 12 e 13 de Abril unha gran representación do grupo partimos cara Mieres, Asturias para participar na festa da “Folixa na Primavera”. Separábannos tan só 300 km que pasaron voando entre risas, películas, algunha que outra canción e moi bo Mieres, Asturiasambiente!

O día comezaba moi cedo, dende as 11 e media de mañá, e ata a hora de xantar, todos os grupos invitados amenizamos coa nosa música o tradicional espiche da Sidra. Toda unha mañá na que os asistentes puideron desfrutar da “Bolla” da Folixa e as primeiras botellas de Sidra.

Tanta música e baile abriunos o apetito, así que grazas á cortesía do grupo local Ruxidera degustamos un menú do máis asturiano.

Aínda que despois da comilona apetecía unha sesta… o día non facía máis que comenzar! Todos a peitearse, maquillarse, vestirse, afinar os instrumentos e marchar cara a praza Requexu. Comeza a actuación!

Mieres, Asturias

Compartimos escenario con “La Barbacana” do Bierzo, “Ruxidera” e “L’Artusu” de Mieres, e ata altas horas da noite percorrimos a cidade de Mieres dende a praza Requexu, a coñecida praza da Sidra, pasando por Carreño Miranda, para rematar no parque de Xovellanos.

IMG_0052A noite fíxose curta para recargar forzas, pero xa que estabamos por Asturias…aproveitamos para visitar Avilés. Un bonito paseo polo casco histórico da cidade, con guía incluida, coñecendo un pouco máis da cultura e tradicións asturianas. Houbo moitos que quixeron demostrar a súa maña escanciando sidra! Parecía moito máis sinxelo do que resultou, pero botamos unha risas.

A viaxe de volta estivo amenizada por pandereteiras e gaiteiros que non querían deixar que ninguén se durmira nin un minuto!

Unha vez máis, moitas grazas a todos pola vosa colaboración e gañas de pasalo ben!

Non vos perdades a reportaxe da fin de semana asturiana na nosa galería de fotos, ou páxina de Facebook.

Mieres, Asturias

 

 

 

Próxima parada: Mieres!

Así é, o grupo de baile e gaitas Santaia ó completo viaxamos a Mieres, Asturias!

Sta Cruz a Mieres

A próxima fin de semana (12 e 13 de Abril) acudiremos a Asturias para compartir con todos os asistentes a que será sen dúbida unha bonita xornada chea de música, baile e por suposto, sidra.

Non seremos os únicos, xa que nos acompañarán o grupo local Ruxidera e a agrupación folclórica L’Artusu, da localidade de Figaredo.

O tradicional descorche de sidra, un desfile por todo o pobo, unha actuación compartida polos 3 grupos e de seguro, moitos momentos de diversión.

Volveremos con novas aventuras que contar 😉

A primeira de moitas!

O pasado sábado 18 de xaneiro, no comedor do hotel “As Galeras” tivo lugar un encontro da xente que forma o noso grupo dunha ou outra maneira: directiva, mestres, alumnos, pais, fillos, mozos e mozas, amigos…

IMG_0642Xente que ademais de estar unida polo grupo, ten algo en común: as ganas de pasalo ben e nesta cita abofé que así foi!

Os máis “madrugadores” comezaron a chegar no entorno das dúas da tarde para ir abrindo boca cun aperitivo e comezar a tomar contacto.

Xa perto das tres e co salón grande do hotel cheo por case que cen persoas comezamos a xantar ben repartidos e mezclados, feito que nos permitiu afianzar amizade e coñecer aínda máis a eses compañeiros que polos diferentes horarios de ensaio, vemos poucas veces.IMG_0671

Despois de comida e postres, e con algún “fotógrafo” percorrendo as mesas en busca de sorrisos e brindes chegou a hora da música.

Tres, catro, cinco gaiteiros, tamboril, bombo, pouco a pouco sumáronse todos; incluido un convidado clarinetista que participou con nós. Bailadoras e cantareiras non quixeron ser menos tampouco e puxeron máis ledicia se cabía no salón.

IMG_0674 IMG_0675

Afinal, acomida convertiuse en festa rachada. Tanto que as horas pasaron voando!

Por todo isto: agardamos que esta sexa a primeira de moitas “Comidas Anuais” do Grupo Santaia!

E por suposto, non dubidedes en entrar no noso Facebook para non perder detalle de todas as fotos que sacamos! As caras de ledicia non teñen desperdicio 🙂

Os Reis Magos en Santa Cruz

Como cada ano as súas maxestades de oriente visitan Santa Cruz! Este sábado 4 de Xaneiro teñen unha apretada axenda.

1483135_579591005466295_506910491_n

A partir das 17:00 h as cantareiras de Santaia recibirán no Teatro das Torres ás súas maxestades a golpe de muiñeira, xota e maneo. De seguido, os gaiteiros encargaranse de guiar ós reis magos por todo o pobo, saúdando ós rapaces e repartindo moreas de caramelos. Sobre as 18:00h no Centro Cívico, os nenos e nenas de Santa Cruz poderán entregarlle en persoa as súas cartas e pedir os seus agasallos ós reis. Haberá chocolate e roscón para todos os asistentes!!

IMG-20130112-WA0008

Como xa é habitual nas actividades da asociación de veciños Santaia de Santa Cruz, estará á disposición de todos os asistentes o caixón solidario, onde poderedes deixar produtos de hixiene, limpeza e alimentos no perecedeiros para colaborar co banco de alimentos de Oleiros.

Vémonos alí 😉

1ª Comida anual Santaia

comida santaia

ATENCIÓN ATENCIÓN! Xa é hora de facer a primeira comida do Grupo de baile e gaitas Santaia ó completo: músicos, bailaríns, pandereteiras, percusionistas, amigos, pais, irmáns, avós… a gran familia de Santaia!

Cando? O sábado 18 de Xaneiro de 2014 ás 14:30h
Onde? No Hotel restaurante as Galeras
Canto? Hai un prezo para adultos (menú de 22€) e un prezo para os nenos ata 12 anos (menú de 10€)
Como inscribirse? No Centro Cívico (avisando a Isa) ou nos ensaios de gaita (avisando a Fran ou Pablo). A data límite de inscripción é o 10 de Xaneiro!

A que estades esperando? Será a comida do ano!

Avisade a todos os vosos familiares e amigos, e vinde a celebrar o comezo do ano con moita música, moito baile e sobre todo moita festa!

Vémonos ali 😉

Festival solidario “Móvete por Filipinas”

O próximo venres 13 de Decembro o grupo de baile e gaitas Santaia participará no festival solidario “Móvete por Filipinas”. Unha iniciativa que xorde da ANPA Bidueiro, do colexio Parga Pondal de Santa Cruz , co fin de concienciar á comunidade educativa do desastre natural que tivo lugar neste pais.

Móvete por FilipinasA partir das 18:30 h e ata ás 21:00h terá lugar o festival no pavillón de deportes Arsenio Iglesias, xunto o Colexio. Preparádevos para desfrutar de todo tipo de actividades e actuacións: mercadillo solidario con artículos de entre 1 e 3 €, actuacións dos alumnos do colexio, unha master class ofrecida polos ximnasios do concello, doces de todo tipo, artículos navideños e moita diversión. A entrada é de 1€ para os nenos e 2€ para os adultos, e con ela, poderedes participar dos sorteos que se realizarán ó longo do Festival. A recadación íntegra das entradas e das vendas do mercadillo irán a parar a unha ONG implicada na reconstrucción de Filipinas.

E nós, tamén participaremos neste festival! Dende os máis pequenos ós maiores de todo, actuarán ó longo da tarde para amenizar esta gran festa solidaria. Gaiteiros, bailaríns, pandereteiras…. todos colaborando con este bonito proxecto.

Se queredes saber máis sobre como colaborar, como xurdiu esta iniciativa ou máis detalles sobre as actividades e actuacións do Festival, ollade a Web do ANPA Biduieiro, e non dubidedes en poñervos en contacto con eles.

Esperamos vervos a todos 🙂

Repichocas, o CD de Santaia

libro

No mes de Outubro de 2006 tivemos a gran sorte de gravar o noso propio CD: Repichocas!
Conta con case vinte pezas tocadas e cantadas polos compoñentes do grupo Santaia.
Dende pasodobres a xotas, pasando por muiñeiras e rumbas, Repichocas pretende ser a carta de presentación do noso grupo, alá onde imos.
Este proxecto foi posible grazas á colaboración conxunta da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia e o Estudo de Gravación Mans, que nos brindaron todo o seu apoio para facer realidade unha gran ilusión.

grabando1

O título deste CD, Repichoca, ten un importante significado para nós: ademais de ser un nome popular co que se identifica unha peza musical galega; a rúa do Repicho forma parte da esencia de Santa Cruz.  Polo que non había nome mellor para chamarlle á esencia do grupo Santaia.
Se aínda non tedes o voso CD para poder escoitar un gran repertorio de música galega, non o dubidedes! Poñédevos en contacto con nós e encargade o voso disco. Perfecto para amenizar calqueira ocasión, regalar nun momento de celebración ou facer das festas máis festas aínda!
interior

Comezamos un novo curso!

Estandarte SantaiaXa está todo a punto para comezar un novo curso! Ide preparando a gaita, pandeireta, tambor e os zapatos para vir a ensaiar, a partir deste sábado verémonos moito!

Este ano empeza con moitas novidades: cambios de horarios, de profesores, novos proxectos de futuro… e por iso queremos vervos a todos este Venres 4 de Outubro, ás 20:30 h nas Torres de Santa Cruz, para informarvos de todo o que acontecerá, poñer ideas en común e arrincar o curso coas pilas ben cargadas.

Comezamos este ano con moitas gañas, moita ilusión e moita forza para seguir facendo o que nos gusta, e nos encantaría poder compartilo contigo. Se queres saber que facemos, cando ensaiamos e o ben que o pasamos, podes entrar na nosa canle de Youtube ou no nosa páxina de Facebook e estarás ó tanto de todo o que acontece en Santaia!

Arrincamos!