O próximo venres 13 de Decembro o grupo de baile e gaitas Santaia participará no festival solidario “Móvete por Filipinas”. Unha iniciativa que xorde da ANPA Bidueiro, do colexio Parga Pondal de Santa Cruz , co fin de concienciar á comunidade educativa do desastre natural que tivo lugar neste pais.
A partir das 18:30 h e ata ás 21:00h terá lugar o festival no pavillón de deportes Arsenio Iglesias, xunto o Colexio. Preparádevos para desfrutar de todo tipo de actividades e actuacións: mercadillo solidario con artículos de entre 1 e 3 €, actuacións dos alumnos do colexio, unha master class ofrecida polos ximnasios do concello, doces de todo tipo, artículos navideños e moita diversión. A entrada é de 1€ para os nenos e 2€ para os adultos, e con ela, poderedes participar dos sorteos que se realizarán ó longo do Festival. A recadación íntegra das entradas e das vendas do mercadillo irán a parar a unha ONG implicada na reconstrucción de Filipinas.
E nós, tamén participaremos neste festival! Dende os máis pequenos ós maiores de todo, actuarán ó longo da tarde para amenizar esta gran festa solidaria. Gaiteiros, bailaríns, pandereteiras…. todos colaborando con este bonito proxecto.
Se queredes saber máis sobre como colaborar, como xurdiu esta iniciativa ou máis detalles sobre as actividades e actuacións do Festival, ollade a Web do ANPA Biduieiro, e non dubidedes en poñervos en contacto con eles.
Esperamos vervos a todos 🙂