Sobre nós

A nosa historia: O grupo fundouse no ano 1982 no seo da Asociación de Veciños, da que tomou o seu nome, dentro dun marco de iniciativas culturais propostas polos propios veciños, co obxecto de recoller, manter e transmitir as antigas tradicións do noso pobo no eido musical e artístico.Asociación de Veciños Santaia Dende a súa fundación, e ó longo de todo este tempo, participou nas “Xuntanzas Mariñanas”, dende a 3ª edición, ademais de diversos actos culturais celebrados na bisbarra coruñesa, e outros espallados por toda a xeografía galega, merecendo ser destacados nos nosos primeiros anos as seguintes citas:

– Actuacións nas celebracións das “LETRAS GALEGAS”, no noso concello e nos de Cabana, Monfero.
– Fogueiras de San Xoan na cidade da Coruña.
– Festas patronais da nosa localidade, María Pita na Coruña, Ares, Corcubión, Mazaricos e Rianxo.
– Romarías: Loreto (en Porto do Son), Val de Xestoso (en Monfero)…
– Trofeo “TERESA HERRERA” da Coruña, nas edicións de 1990 e 1991.
– No eido dos concursos, ós que somos pouco aficionados, participamos en varias das edicións do que organiza anualmente “XACARANDAINA”, acadando en 2018 o segundo premio na categoría C, de maiores de 17 anos, ademais de gañar a nosa compañeira Paula Barral o premio á mellor bailadora..
– O ano 1992 actuamos no recibimento do “FACHO OLÍMPICO” na súa chegada á praza de María Pita da Coruña. Tamén participamos como grupo invitado no “FESTIVAL INTERNACIONAL” DA VILA DE PEDROSO en Vilanova de Gaia – Porto (Portugal).

Celebración día das letras galegas en Santa CruzEn 1994 foi o inicio da nosa proxección internacional, realizando intercambios culturais co devandito País irmán, entre os que destacamos os de: Rancho Rexional de Olival (1994), Tecedeiras do Areal de Santo Tirso (1995), Nosa Senhora dos Altos Ceus de Espiño (1995), Grupo de Danças e Cantares de Cortegaça (1997), Grupo Etnográfico de Freixo Ponte de Lima (1999)

No ano 2000 o lugar foi BRETAÑA, (FRANCIA), alí estivemos unha semana convidados pola BAGAD BOULVRIAG de Bourbriac.

Durante a nosa estadía na Bretaña, e máis en concreto dunha actuación espontánea na rúa, durante o festival de Loriént, fomos ollados polo organizador do festival CÉLTICA que se celebra a primeira semana de xullo de cada ano no Val Daosta, rexión autónoma do norte de Italia. Ademais, fomos invitados ao Festival Internacional de Châtelaillon Plage (Francia) en 2016, e ao Festival Folclórico de Oleiros, no distrito de Castelo Branco, en Portugal.

Seguindo coa nosa actividade tivemos a oportunidade de continuar percorrendo a Península Ibérica visitando diversos lugares:

– Braga (Portugal), ano 2002
– Vilanova de Gaia, Oporto (Portugal), ano 2004
– Miranda do Corvo, Coimbra (Portugal), no 2005
– Dos Hermanas (Sevilla), no ano 2005
– Vélez, Málaga (Málaga) no ano 2006
– Coimbra (Portugal) no ano 2009
– Mieres e Arriondas (Asturias) no ano 2011
– Vila Verde, Braga (Portugal ) no ano 2013
– Mieres (Asturias) no ano 2014
– Fuenlabrada (Madrid), no ano 2015
– Santander (Cantabria), no ano 2017
– Santander (Cantabria), no ano 2018

Todo isto ademais da nosa presencia en diversos pobos e celebracións ao longo da xeografía galega.

Merece especial mención a celebración do XXV ANIVERSARIO DO GRUPO SANTAIA (1982-2007) no Parque Luis Seoane de Santa Cruz coa presencia de compoñentes actuais e históricos.

Toda a nosa productiva actividade logrouse a través da escola permanente de música e danzas tradicionais que vimos mantendo dende a fundación do grupo. Nela aprenden as nosas tradicións unha media de cincuenta alumnos de todas as idades.

Na actualidade, corresponde a dirección musical a Alexandre Ruiz Vázquez e Francisco Longueira Pan, sendo Mar Cancela e José Luís Vázquez Rosales os que se encargan da danza e pandeireta.

Se queredes coñecer a nosa historia premede neste video e, da man dos compoñentes de Santaia, descubriredes os nosos inicios!

Sentímonos honrados der ser pregoeiros da nosa cultura popular

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s