Así é, o grupo de baile e gaitas Santaia ó completo viaxamos a Mieres, Asturias!
A próxima fin de semana (12 e 13 de Abril) acudiremos a Asturias para compartir con todos os asistentes a que será sen dúbida unha bonita xornada chea de música, baile e por suposto, sidra.
Non seremos os únicos, xa que nos acompañarán o grupo local Ruxidera e a agrupación folclórica L’Artusu, da localidade de Figaredo.
O tradicional descorche de sidra, un desfile por todo o pobo, unha actuación compartida polos 3 grupos e de seguro, moitos momentos de diversión.
Volveremos con novas aventuras que contar 😉