No mes de Outubro de 2006 tivemos a gran sorte de gravar o noso propio CD: Repichocas!
Conta con case vinte pezas tocadas e cantadas polos compoñentes do grupo Santaia.
Dende pasodobres a xotas, pasando por muiñeiras e rumbas, Repichocas pretende ser a carta de presentación do noso grupo, alá onde imos.
Este proxecto foi posible grazas á colaboración conxunta da Deputación da Coruña, a Fundación Paideia e o Estudo de Gravación Mans, que nos brindaron todo o seu apoio para facer realidade unha gran ilusión.
O título deste CD, Repichoca, ten un importante significado para nós: ademais de ser un nome popular co que se identifica unha peza musical galega; a rúa do Repicho forma parte da esencia de Santa Cruz. Polo que non había nome mellor para chamarlle á esencia do grupo Santaia.
Se aínda non tedes o voso CD para poder escoitar un gran repertorio de música galega, non o dubidedes! Poñédevos en contacto con nós e encargade o voso disco. Perfecto para amenizar calqueira ocasión, regalar nun momento de celebración ou facer das festas máis festas aínda!
