Non podíamos deixar pasar o tempo sen agradecer a todo ó mundo a súa participación na II Foliada de Santaia! O tempo non estivo da nosa parte, coma sempre, os contratempos acumuláronse a última hora… pero finalmente, co traballo de todos saiu adiante unha gran festa, que de seguro todos recordaremos.

A tarde de actuacións estivo representada por Mieres, Vila de Cruces e Santa Cruz; unha sintonía perfecta de música e baile que fixeron gozar a todo o público presente. Moitas grazas á asociación Punteirolo e ó grupo L’Artusu por compartir este día con nós. Esperamos que fora igual de satisfactorio do que foi para toda a familia de Santaia.
Para animar a Praza de Esther Pita, e a todos os que non se animaron a bailar e subir a tocar ó escenario, había varios Stands que se sumaron á festa: Elena Ferro, cos seus zocos de todo tipo de tamaño, forma e cor; A Falchoca, cunha variadedade incrible de prendas para completar o traxe tradicional, e para o deleite de todos os paseantes; Mar, de Imende, mostrando o seu bo facer e o arte da confección; e as palilleiras e tecedoras de Santa Cruz, que non quixeron perderse esta velada. Moitas grazas pola vosa colaboración e participación, e moitas grazas a todos os que fixéchedes unha parada no Stand de Santaia para mercar un CD ou unha camiseta, contribuindo así coa nosa asociación.

Gracias tamén á gran familia de Santaia que fixo posible que, un ano máis, a Foliada saira adiante: ó equipo chourizo, ós homes máis apañados de Oleiros coa auga e luz, ós coordinadores de zona, ó equipo do son, ós incansables profes, ás mamás, que están para todo e saben de todo, ós bailadores e animadores, ás pandereteiras e ós gaiteiros, á presentadora, ós improvisados camareiros, ós nenos das rifas, ás preparadoras de cestas…gracias por continuar apostando e colaborando con Santaia!
Recordade que tanto na nosa páxina de Facebook, como na sección multimedia da nosa Web podedes ver as fotos da Foliada.
Vémonos na terceira ? 😉




ambiente!
A noite fíxose curta para recargar forzas, pero xa que estabamos por Asturias…aproveitamos para visitar Avilés. Un bonito paseo polo casco histórico da cidade, con guía incluida, coñecendo un pouco máis da cultura e tradicións asturianas. Houbo moitos que quixeron demostrar a súa maña escanciando sidra! Parecía moito máis sinxelo do que resultou, pero botamos unha risas.

Xente que ademais de estar unida polo grupo, ten algo en común: as ganas de pasalo ben e nesta cita abofé que así foi!




A partir das 18:30 h e ata ás 21:00h terá lugar o festival no 

