Este ano preparamos con moito mimo unha gala moi especial para pechar o curso 2014 – 2015.
Unha actuación na que participarán todos os compoñentes do grupo Santaia! Como non podía ser doutro xeito, eliximos a noso escenario favorito, as Torres de Santa Cruz. Alí estaremos o sábado 13 ás 19:30 h, para tentar emocionar ó publico asistente.
Sen dúbida, un broche de Ouro para un ano que deixa tras de si moitos ensaios e moitas horas de baile, gaita e percusión. Pero sobre todo, moitas anécdotas, viaxes, risas e horas compartidas, facendo o que máis nos gusta.
Convidamos a todas as persoas que o desexen a participar, de balde, neste evento que de seguro, non deixará a ninguén indiferente!
Unha actuación para todas as idades, ó igual que os máis de 50 compoñentes do grupo Santaia, que dende os 4 ós 60 anos traballan arreo por espallar o folclore tradicional galego.
Esperamos vervos a todos alí, con moitos folgos para aplaudir e gozar do que será o espectáculo do ano! Non é de perder!