Agora si que si… comezamos!Tras unhas pequenas vacacións… volvemos ós ensaios de gaita, pandeireta, percusión e baile. A partir deste venres voltamos con moita forza e moitas ganas de seguir aprendendo.
Como todos os cursos, este ano tamén haberá novidades, polo que botade unha ollada ós horarios e cargade as pilas para empezar o ano a tope!
Comezamos este ano con moitas gañas, moita ilusión e moita forza para seguir facendo o que nos gusta, e nos encantaría poder compartilo contigo. Se queres saber que facemos, cando ensaiamos e o ben que o pasamos, podes entrar na nosa canle de Youtube ou no nosa páxina de Facebook e estarás ó tanto de todo o que acontece en Santaia!
Se tedes calqueira dúbida ou suxerencia contactade con nós e intentaremos resolvela o antes posible.
Arrincamos!