Pois si, a próxima fin de semana imos visitar a Casa galega de Fuenlabrada!
Con motivo do día das Letras Galegas, o centro realiza a súa comida anual, e unha serie de eventos para dar a coñecer e mostrar a cultura galega en terras madrileñas. A Casa Galega de Fuenlabrada foi fundada no ano 1988, e a súa creación responde ó esforzo e iniciativa dun grupo de galegas e galegos procedentes na meirande parte dos casos da bisbarra de Ferrol , froito da reconversión naval dos anos 80. No seu local ofrecen clases de gaita, percusión, baile… e o seu grupo de música tradicional, “Carrabouxos”, leva máis de dúas décadas espallando o folclore galego pola península.
Unha representación do grupo de baile e gaitas Santaia realizará varias actuacións e pasarrúas, os días 16 e 17 de Maio, dentro do programa elaborado para os festexos con motivo do día das letras galegas!
Á volta, contarémosvos a nosa aventura 😉