O pasado sábado 18 de xaneiro, no comedor do hotel “As Galeras” tivo lugar un encontro da xente que forma o noso grupo dunha ou outra maneira: directiva, mestres, alumnos, pais, fillos, mozos e mozas, amigos…
Xente que ademais de estar unida polo grupo, ten algo en común: as ganas de pasalo ben e nesta cita abofé que así foi!
Os máis “madrugadores” comezaron a chegar no entorno das dúas da tarde para ir abrindo boca cun aperitivo e comezar a tomar contacto.
Xa perto das tres e co salón grande do hotel cheo por case que cen persoas comezamos a xantar ben repartidos e mezclados, feito que nos permitiu afianzar amizade e coñecer aínda máis a eses compañeiros que polos diferentes horarios de ensaio, vemos poucas veces.
Despois de comida e postres, e con algún “fotógrafo” percorrendo as mesas en busca de sorrisos e brindes chegou a hora da música.
Tres, catro, cinco gaiteiros, tamboril, bombo, pouco a pouco sumáronse todos; incluido un convidado clarinetista que participou con nós. Bailadoras e cantareiras non quixeron ser menos tampouco e puxeron máis ledicia se cabía no salón.

Ao final, acomida convertiuse en festa rachada. Tanto que as horas pasaron voando!
Por todo isto: agardamos que esta sexa a primeira de moitas “Comidas Anuais” do Grupo Santaia!
E por suposto, non dubidedes en entrar no noso Facebook para non perder detalle de todas as fotos que sacamos! As caras de ledicia non teñen desperdicio 🙂