Para Santaia, tódalas actuacións son importantes, porque en todas poñemos o mellor de nós mesmos, pero algunhas teñen un aquel especial que fan que pervivan na nosa memoria. Ese foi o caso da nosa participación, o pasado 1 de decembro, no 15º Ciclo de Coros Galegos Históricos e Novos, ao que fomos convidados por Cántigas da Terra, a quen lle estamos ben agradecidos.
Ademais de recibir un trato exquisito e gozar dunha magnífica organización, tivemos a honra de compartir escenario do Teatro Rosalía de Castro, que xa é un luxo per se, da man dos nosos padriños de Cántigas da Terra e do Real Coro Toxos e Froles. Un momento que xa queda fixado na nosa historia coma un fito moi especial.
Deixámosvos aquí algunha imaxe, pero podedes ver o álbum completo aquí.